Thursday 02 de May de 2024

A concelleira de Benestar Social entrega os premios dos concursos escolares de Robótica e Drons Nos certames participaron más de 700 estudantes de 22 centros de toda Galicia


A concelleira responsable do Área de Benestar Social, Yoya Neira entregou hoxe os galardóns aos centros escolares gañadores dos concursos escolares de Robótica e de Drons, que celebran a súa XIV y III edición respectivamente, e que organiza o Concello coa colaboración do Instituto Galego da Ciencia (IGACIENCIA). No acto de entrega de premios, celebrado no IES Menéndez Pidal, participaron tamén o
concelleiro de Educación e Emprego, Juan Ignacio Borrego, o presidente de IGACIENCIA, Manuel Regueiro, e a secretaria da entidade científica, Inés Ben.

A concelleira felicitou aos participantes pola calidade dos traballos presentados e animouaos escolares para seguir profundando nos estudos científicos. “Esta cidade, e co impulso decidido dos Gobernos municipais que se sucederon ao longo do tempo, foi pioneira en conceder ás ciencias a importancia que merecen”, destacou Neira. “ E con concursos como o de Robótica e Drons continuamos nesta liña, impulsando a curiosidade polas carreiras STEM e a formación científica dos máis novos”, dixo

Os gañadores dos concursos nas distintas categorías foron os seguintes: XIV Concurso de Robótica
● 1º a 3º ESO. Fundación Divino Maestro de Ourense
● 4º ESO, Bacharelato y FP. IES número 1 de Ribeira.
● Premio ao mellor centro do concello. IES Agra do Orzán
III Concurso de Drons
● 1º a 3º ESO. CPR Plurilingüe Franciscanos da Coruña

● 4º ESO, Bacharelato e FP. IES Monte Das Moas.
● Premio Especial do Concello: IES Salvador de Madariaga.
Os centros ganadores do certame de Robótica recibirán un premio de 300 euros e os galardoados no concurso de drons recibirán 100 euros para investir en actividades relacionadas coa ciencia.

Listado de participantes:
Centros do Concello
● IES Menéndez Pidal (centro anfitrión),
● IES Monte das Moas
● Compañía de María
● Colexio Maristas
● CPR Franciscanos
● IES Eusebio da Guarda
● IES Urbano Lugrís
● IES Agra do Orzán
● IES Sardiñeira.
Centros de fóra do municipio:
● IES Nº1 de Ribeira
● IES Luís Seoane (Pontevedra)
● CPI San Sadurniño

● IES Santo Tomé de Freixeiro (Vigo
● CPR Jesús Maestro (Ferrol)
● IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra)
● IES Terra de Soneira (Vimianzo)
● IES Moncho Valcarce (As Pontes)
● IES Concepción Arenal (Ferrol)
● IES de Brión, IES Cabo Ortegal (Cariño)
● IES San Rosendo (Mondoñedo)
● Fundación Divino Maestro (Ourense).